Autoras e Autores por unha IAG Sustentábel
Autores literarios, por IAX ética e respectuosa coa propiedade intelectual.
O pasado mes de abril, a iniciativa das organizaciónsprofesionais que forman parte da Conferencia de Asociacións de Escritoras e Escritores, difundiuse entre os escritores e tradutores a declaración titulada “Por unha IAX sostíbel” que se recolle a continuación, coa que os creadores literarios exiximos das Administracións e das Plataformas a aplicación aos usos de contidos dos escritores e tradutoressuxeitos a dereitos de autor e, por tanto, protexidos pola Lei de Propiedade Intelectual, os principios de autorización, remuneración e transparencia.
As organizaciónsautorais e os escritores e tradutoresasinantes consideramos imprescindíbelunhalexislación eficaz que os garanta. Peza básica para un desenvolvementosostíbel e ético do novo contrato social, en que o valor do nosotraballo ha de ter o seureflexo no necesario liderado das Administracións Públicas mediante o diálogo, a negociación e o acordo.
Asociación Colegial de Escritoras y Escritores de España (ACE), Asociación Valenciana de Escritores y Críticos Literarios (CLAVE), Asociación de Escritores y Escritoras de Extremadura (AEEX), Asociación Aragonesa de Escritoras y Escritores (AAE), Asociación Colegial de Escritores de Cataluña (ACEC), Asociación de Escritores de Castilla La Mancha (AECLM), Asociación Navarra de Escritores y Escritoras – Nafar Idazleen Elkartea (ANE-NIE), Sociedad Cántabra de Escritores (SCE), Asociación de Escritores y Escritoras de Asturias (AEA), Asociación Riojana de Escritores (ARE), Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC), Asociación de Escritores de
Euskadi – Euskadiko Idazleen Elkartea (AEE/EIE), Asociación Cultural Canaria de Escritores/as (ACTE).
POR UNHA INTELIXENCIA ARTIFICIAL XENERATIVA SOSTÍBEL
Desde hai anos formúlase a necesidade de realizar políticas acordes cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel que aborden, entre outros fins, o respecto aos dereitos humanos, entre os que se atopan os dereitos de autor.
Con todo, a aparición dos servizos dixitais ocultou esa necesidade, impulsando un auténtico espolio das nosas obras pola vía dos feitos consumados, dándolle acubillo legal ou utilizando os nosos dereitos como moeda de cambio diante doutros intereses económicos, o que intensificou o empobrecemento do traballo de escritores/as, tradutores/as e a deterioración do patrimonio cognitivo e cultural común..
Ese espolio ou expropiación forzosa dos nosos dereitos estase acelerando co desenvolvemento da intelixencia artificial xenerativa (IAX). Os desenvolvedores de IAX fixeron e fan o seu traballo baixo o principio de “todo vale”, o que non resulta sostíbel. Construír un software utilizando as nosas obras como materia prima e, despois, impornos un modelo de negocio para desfrutar desa nova infraestrutura, é inxusto e abusivo.
Ante a falta de respecto ao traballo de escritores/as e tradutores/as solicitamos que:
Se protexan cunha decidida, transparente e transversal acción pública os bens esenciais para a vinculación da sociedade, entre os que se atopan as nosas obras e os valores sociais implícitos nas mesmas.
Se estabelezan como único camiño para o desenvolvemento de software de IAX as obrigas de solicitar autorización, remunerar e dar información suficiente e detallada aos/ás creadores/as, de igual xeito que se estabelecen principios irrenunciábeis no desenvolvemento doutros produtos que afectan á cidadanía. Sen dereitos claramente estabelecidos e respectados, estes desaparecen.
Non se acepte a promoción dun novo contrato social que “branquee” o uso non autorizado das nosas obras no desenvolvemento de software de IAX pola vía dos feitos. Para iso é indispensábel que as Administracións Públicas non implanten nin usen software de IAX que non fosen desenvoltos cun respecto pleno, non só aos nosos dereitos, senón tamén aos dereitos de privacidade da cidadanía e o respecto ao medio ambiente.
Protexer os bens esenciais para a vertebración da sociedade, entre os que se atopan as nosas obras e os valores sociais implícitos nas mesmas.
A obriga de solicitar autorización, remunerar e dar información suficiente e detallada aos creadores.
Que as Administracións Públicas non implementen software de IAX que non fose desenvolto con respecto pleno aos dereitos como autores e de privacidade de todos os cidadáns e con respecto ao medio ambiente.
Asinar a proposta
Protección de Datos
De acuerdo con lo establecido por la legislación de protección de datos, le informamos de que los datos de carácter personal proporcionados en el formulario de contacto serán tratados por ACE para la gestión y tramitación del servicio solicitado. Usted cuenta con los derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación al tratamiento y portabilidad, respecto de sus datos de carácter personal, así como con la posibilidad de revocar su consentimiento. Puede ejercitar estos derechos enviando a ACE una comunicación por correo electrónico (ace@acescritores.com) o por correo postal (C. Santiago Rusiñol, 8 Moncloa – Aravaca, 28040 Madrid), donde haga mención a su nombre, apellidos y dirección de correo electrónico.